O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A Escola Cultural Municipal de Danza Tradicional mostra ao alumnado os diferentes tipos de bailes, tanto agarrado como solto, que compoñen a rica tradición galega. Do mesmo xeito explícase a composición do traxe tradicional, así como, as súas diferentes pezas e variantes. As aulas de danza tradicional impártense desde os 5 anos en diante e están monitoradas por Marcos García, iniciación e perfeccionamento infantil e Zahyra Regueira iniciación e perfeccionamento de persoas adultas.