O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado da Cultura do Concello de Narón , mantén convenio de colaboración con dúas entidades para o desenvolvemento de dúas escolas de carácter cultural:
A Asociación Cultural e Musical "Sementeira": Desenvolve no Padroado ás escolas de música e a coordinación e mantemento da Xove Banda de Narón e da Banda Infantil "Sementeira"
O Clube de Baile Deportivo TEDAGA, encargado do desenvolvemento da Escola de Baile de Salón nas modalidades social, competición e danza coreográfica.