Narón - Padroado da Cultura de Narón
Publicado en Narón - Padroado da Cultura de Narón (https://padroadodecultura.es)

Inicio > N de Narón. A festa das letras

N de Narón. A festa das letras

Luns, 16 de Maio de 2022

Conmemoraremos o Día das Letras Galegas na praza da Lectura o longo de toda a xornada

[1]

Mañá martes, 17 de maio, celebraremos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á figura de Florencio Delgado Gurriarán, cun amplo programa pensado para todos os públicos, se ben centrado sobre todo nos máis peques da casa. Terá lugar ao longo de toda a xornada na praza da Lectura, situada nas Vivendas da Mariña (Santa Icía). As actividades serán todas de balde e, en previsión de mal tempo, desenvolveranse baixo carpa:

  • 12:00 h: Silvia Penida, Diferentes diferenzas, a cargo de Silvia Penide. Espectáculo de contos e canción baseado no primeiro libro desta autora, todo un canto á diversidade, no que se transmite a importancia de valorar, respetar e admirar ás persoas, animais, cousas… e ofrece tamén a posibilidade de que as nenas e nenos aprendan palabras básicas en lingua de signos.
  • 12.45 h: Xarope Tulú, Rilla, Rilla. Un espectáculo creado para aprender galego moi dinámico e interactivo.
  • 16.00 h: Obradoiro das Efémeras, de pintura sobre cartón reciclado.
  • 17.00 h: Jara Ortiz, Lúa triangular. Unha rapaza chamada Marta e unha píntega, de nome Oli, viaxan xuntas ao Mundo dos Contos, onde viven varias aventuras e transformarán o mundo nun lugar cheo de diversidade e xustiza.
  • 17.45 h: Aldaolado, A ovella Engracia. Narración oral e música para contar a historia dunha ovella a que lle gustaríal saber onde vai a lúa cando sae de noite e por iso decide andar tras dela iniciando así unha viaxe única.
  • 18:45 h: Concerto de As Efémeras.

Ademais destes actos programados, na zona haberá  un espazo de lectura con publicacións en galego de autores e autoras homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Séguenos en:

  • Twitter
  • Facebook
  • Blog

Horarios de atención ao público

PADROADO DA CULTURA

Horario de Atención ao Público

  • L-X: 09:00 a 13:30 h e 17:30 a 19:00 h

  • Venres: 09:00 a 13:30 h.

  • Teléfono: 981 39 11 44

  • Email: p.cultura@naron.es

BILLETEIRAS

  • Luns a sábado: 09.30h a 14:00h e 17:00h a 20:30h

  • Teléfono: 981 102 897

  • Horario de verán: Luns a venres de 9.00h a 14.00h

  • Email: taquilla.pazo@naron.es

Últimos Tweets

Tweets por el @CulturaNaron.

Concello de Narón

Este é un portal web do Concello de Narón, que cumpre as normas de accesibilidade no seu estándar WAI-A. Trátase dun servizo público dixital para facilitar a interacción co Pazo da Cultura.

  • Accesibilidade
  • Acceso corporativo
  • Política de Privacidade
  • Aviso legal
  • Cookies

URL: https://padroadodecultura.es/gl/noticias/n-de-nar%C3%B3n-festa-das-letras

Ligazóns
[1] https://padroadodecultura.es/sites/default/files/2022%2004%2027%20Cartaz%20N%20de%20Nar%C3%B3n.png