O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
A subvención provincial financia o desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas
A Deputación da Coruña concedeu ao Padroado da Cultura a cantidade de 51.364,36 € para a realización dos Festivais de Artes escénicas, 26.000 € para a MOTIX, Mostra de Teatro Infantil e Xuvenil e 25.364,36 € para Singular. Festival Internacional do Monólogo Teatral, por medio do programa de subvencións correspondentes ao programa FO221: convocatoria do programa de subvencións a concellos e entidades locais para o apoio ao desenvolvemento de festivais audiovisuais, musicais e de artes escénicas na provincia da Coruña, durante o ano 2024.