O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Os cómicos estarán os días 28 e 29 de decembro no Pazo da Cultura
Despois do éxito indiscutible de "Somos criminais", Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco volven á carga co seu espectáculo "Somos criminais 3". Por que saltan da primeira á terceira parte? Como eles mesmos explican, "din que as segundas partes nunca foron boas, por iso pasamos directamente á terceira".
Neste novo show, os cómicos analizan Galicia e os seus habitantes para saber como somos e para saber por que somos como somos: "Somos criminais no sentido menos criminal da palabra? Temos unha maneira propia de ser e de estar? Somos diferentes, somos parecidos ou somos iguais aos demais? Son certos os tópicos que hai sobre nós? É verdade que respondemos ás preguntas con preguntas? Non se sabe se subimos ou se baixamos?"
Blanco e Touriñán estarán en dobre sesión no Pazo da Cultura o martes 28 e o mércores 29 de decembro, ás 20:30 horas.