O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O Padroado recibe unha subvención da Deputación da Coruña
Mércores, 25 de Xaneiro de 2023
A subvención permitirá o mantemento dun posto de traballo
O Padroado da Cultura do Concello de Narón foi beneficiario dunha subvención da Deputación da Coruña para o mantemento dun posto de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura no ano 2022.