INFORMACIÓN SOBRE AS MEDIDAS PREVENTIVAS PARA A REALIZACIÓN DE ESPECTÁCULOS NO PAZO DA CULTURA DE NARÓN

Venres, 11 de Setembro de 2020

Ante a situación xerada pola covid19, O Padroado da Cultura tomará as seguintes medidas para a asistencia a espectáculos dentro do Pazo da Cultura.

1.- Será obrigatorio o uso da máscara en todo o recinto, o público terá a súa disposición xel hidroalcohólico nos puntos de acceso.

 

2.- É recomendable chegar ao Pazo da Cultura con media hora de antelación para facilitar a acomodación do público, que será do seguinte xeito:

- Localidades con Nº impar: accederán pola ENTRADA PRINCIPAL do Pazo da Cultura, situada na parte superior da r/ Holanda.

- Localidades con Nº par: accederán pola PORTA CENTRAL da fachada principal do Pazo da Cultura, situada na r/ Holanda.

 

3- A saída do recinto realizarase polas portas traseiras do Pazo da Cultura (aparcadoiro de persoal). Ordenarase o desaloxo da sala por filas no momento de finalizar o espectáculo, de forma paulatina seguindo as indicacións do persoal ao cargo.

 

4.- Acomodación en sala: Os grupos de persoas conviventes poderán adquirir localidades contiguas e deixarase unha butaca libre por cada lado para garantir as distancias de seguridade.

 

5.- O Padroado resérvase o dereito de recolocar aos usuarios /as que fora necesario para garantir a distancia de seguridade.

 

O público asistente deberá cumprir coas normas en cuestión sanitaria así como as indicacións do persoal de sala.

Recorde:

-Non permanecer parado en zonas de tránsito.

-Manter a distancia de seguridade.

-Reducir ao mínimo os desprazamentos polo recinto.

 

Grazas pola súa colaboración.