O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
O pintor ferrolano Andrés Gabarres faise con premio na XIIIª Edición do Concurso de Pintura "Cidade de Narón"
Ás 15:30 horas de hoxe (19 de novembro) o xurado composto por Melchor Balsera Maldonado (gañador da edición 2020), Jesús Basterrechea López e Begoña Gorostidi Piñón fallaron a XIIIª edición do concurso de pintura "Cidade de Narón". O galardón dotado con 3.000 €, recaeu en Andrés Gabarrés Cagiao, artista ferrolano afincado en Madrid, pola súa obra "Plastic Hotel". A obra de Gabarres foi escollida entre un total de 19 obras que pasaron á fase final do concurso e na que participaron artistas de diferentes comunidades do estado como Madrid, Navarra, Castela- León, Castela A Mancha e de diferentes lugares da nosa comunidade.
O Concurso de Pintura "Cidade de Narón", que este ano cumpre a súa XIIIª edición, estase a converter nun referentes dentro dos certames artísticos do país.
A entrega de premios realizarase o vindeiro 23 de Novembro (Dïa de Narón) ás 19:00 h. no Pazo da Cultura de Narón.