O PADROADO
O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Composto por un total de seis proxeccións, terá lugar os mércores de setembro e outubro
Esta mañá tivo lugar no Concello a presentación do ciclo "Cine eterno", que terá lugar no Pazo da Cultura, con entrada de balde, todos os mércores de setembro e outubro, ás 20:00 h, a partir desta semana. Esta nova iniciativa foi presentada pola alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, quen estivo acompañada no acto polo presidente do Cineclube Serie B, Alberto Pena, e a secretaria da asociación, Anabel Valera.
O ciclo estará composto polos seguintes filmes: