VICIO HOUBO SEMPRE

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

NARRACIÓN ORAL - FESTIVAL SINGULAR

Divertida e fresca proposta de narración oral para público adulto onde Atenea García presenta historias de vida recollidas a mulleres que xa cumpriron 80 anos. Historias que falan do desexo, do pracer, de sexualidade... 

A primeira conversa naceu cunha frase: “Vicio houbo sempre, gracias a Dios!” E logo seguíronlle outras tantas onde as mulleres foron contándolle unha chea de cousas supostamente prohibidas.

A peza fala do amor e da vida que sempre houbo nas marxes fiando contos sobre a diversidade sexual, a ausencia na emigración e, como non, a diversión nos bailes das festas! Todo, ao ritmo de historias e cancións acompañadas coa pandeireta.

PREZOS

2025-03-29 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

Recollida e narración: Atenea García

Vestiario: Núria Manzano

Luz e son: Nicolás Zamorano

Fotografía: Carlota Mosquera