FAMILIAR E INFANTIL (a partir de 4 anos) - FESTIVAL SINGULAR
Escoitamos a Sarabande de Bach. Que música máis fermosa, verdade? Hoxe quero contarvos a historia dunha nena que non paraba quieta nin un minuto, chamábase Luisa Villalta. Queredes coñecela? Pois imos chamala.
Así comeza este espectáculo no que a nosa homenaxeada aparecerá na forma dunha fermosa marioneta, Falaremos con ela e descubriremos cales son as súas palabras favoritas e por qué: A Coruña, Poesía, Música, Galiza, Galego, Mestra, Ecoloxía Igualdade e Paz.
Facendo unha viaxe dinámica e divertida polas facetas dunha das mulleres máis poliédricas da cultura galega e é que Luisa non paraba quieta nin un segundo!
Escoitaremos música, faremos poemas e incluso veremos como afunde un navío no medio do mar.