UNA MADRE DE PELÍCULA

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

MONÓLOGO - FESTIVAL SINGULAR

Eva María, ás tantas da madrugada, recibiu unha imperativa mensaxe de Alejandro, o seu único e adorado fillo: debe entrar na súa habitación e buscar nun caixón pechado cun cadeado un documento que necesita con urxencia para a Universidade americana na que estuda.

Urxente é "xa, agora, sen perder un instante, mamá". Alejandro, que coñece moi ben á súa proxenitora, advírtelle de que non caia na humana (e especialmente maternal) tentación de remexer nas súas cousas aproveitando a estupenda ocasión. Eva María promete ao seu fillo cumprir o seu labor, pero unha vez inmersa no encargo... Quen está libre de pecado? E é que ela, que é moi cinéfila, é consciente de que “A tentación vive arriba” ou ao fondo do caixón secreto do seu fillo.

O recordo da súa vida e a visión dese provocador niño baleiro farán deslizarse a Eva María por unha emocionante e divertida espiral, transformando a súa cotiá realidade nunha auténtica aventura de película.

PREZOS

2025-03-07 - 20:30:

  • Abonados e tarifa reducida: 11,20 €
  • Público xeral: 16,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Reparto

Toni Acosta

Equipo Artístico e Técnico

Texto e dirección: Juan Carlos Rubio

Deseño escenografía: Leticia Gañán e Curt Allen Wilmer (EstudioDeDos)

Espazo sonoro e música: Mariano Marín

Deseño iluminación: Nicolás Fischtel

Vestiario: La leona alegre

Produtor: Jesús Cimarro