PEQUENA MENTIRAS PARA CONTAR GRANDES VERDADES

  • Teatro
DATOS BÁSICOS

TEATRO DOCUMENTO - FESTIVAL SINGULAR

Eva é protagonista da peza Eroski Paraíso do grupo Chévere. Son personaxes (de mentira) baseados en persoas colectivas (de verdade). Pero Eva non está a ser ela mesma: está a actuar de si mesma nunha historia da que forma parte, pero que tampouco é a súa. Ser actriz é funcionar como Eva, e tantas outras mulleres, que moitas veces actúan como subalternas. Son outras falando a través delas.

Patricia de Lorenzo protagoniza esta conferencia performativa sobre o proceso de creación dalgúns dos personaxes que interpretou ao longo do últimos quince anos en diferentes obras da compañía Chévere. Unha enriquecedora viaxe de descubrimento entre esa forma de representar personaxes alleos que normalmente reproducen os imaxinarios do poder ou comprometerse a formar parte dunha historia e falar por si mesma ata erixirse como mediadora sobre o escenario. Algo que pasa por tomar conciencia e tomar partido.

Moitas veces ser actriz é funcionar como alguén que está a actuar nunha historia da que forma parte, pero que non é a súa senón a historia que alguén quere contar a través dela; mesmo a pesar dela. Pero o traballo dunha actriz pódese converter tamén nun modelo de resistencia contra esa forma de actuar.

Isto ocorre cando se acepta ser parte dunha historia e falar por unha mesma, ata o punto de aceptar que che cambie a vida e a forma que tiñas de entender o mundo. Deixarse acompañar polo personaxe nun proceso enriquecedor de descuberta e coñecemento. Facer desaparecer a fronteira que te separa do personaxe sen ocultarse detrás da maquillaxe e o disfrace. Construírse en mediadora sobre o escenario. Escoitar os silencios que se ocultan en vidas que tamén merecen ser contadas.

PREZOS

2025-03-21 - 20:30:

  • Abonados e tarifa reducida: 6,65 €
  • Público xeral: 9,50 €
FICHA ARTÍSTICA

En escena: Patricia de Lorenzo

Idea e creación: Patricia de Lorenzo

Dramaturxia e dirección: Xron

Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo

Control técnico: Borja Fernández