O DEUS DO POP

  • Teatro
  • Contemporáneo
DATOS BÁSICOS

TEATRO CONTEMPORÁNEO - FESTIVAL SINGULAR

O quinto espectáculo en solitario de Diego Anido é, máis que nunca, o resultado dunha metodoloxía de traballo moi persoal e pouco común. Nela convive a variedade escénica: texto, danza, baile, música en directo (con estraños obxectos…) cunha depurada dramaturxia que trata de dar vida a unha biografía dunha pseudo estrela do pop coa propia biografía do autor.

"O deus do pop" é un singular individuo que transita pola escena cun delicado camiñar, unha voz suave e unha enerxía salvaxe para mostrar todo o que o seu talento lle permite ser. "O deus do pop" é unha impresión. Como a que nos levamos cando coñecemos a unha persoa. ¿Que sabemos dela? ¿Que sabemos dela que ela mesma non sabe? Ela ten outra impresión de si mesma. Un relato formado por fragmentos escollidos do seu pasado. Precisa crear o relato. E non dubida en cambiar o pasado para superar no presente a vergoña do que non lle gusta de si mesma. Non ten consciencia de que, en realidade, é un diamante. Un diamante afundido nos Pantanos da Tristura. Brillando e laiándose. Pensando que a súa propia preguiza lle impide sair. Pero non é preguiza. É o relato.

Diego Anido amósanos unha autobiografía inventada. Regálanos unha vida que ás veces semella a súa, pero que non lle avergoña como a súa. Sen medo a queimar a súa memoria. Só para que o adoremos. Como a un “deus do pop”.

PREZOS

2025-03-08 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Autor  Diego Anido

Dirección  Diego Anido

Adaptación  Diego Anido

Escenografía  Diego Anido

Deseño son  Diego Anido/Borja Fernández

Deseño iluminación Pedro Fresneda

Vestiario Uxía P. Vaello

Música Diego Anido

Coreografía Diego Anido

Elenco artístico Diego Anido