O Concello de Narón puxo en marcha no ano 1981 o Padroado da Cultura, que é un ente autónomo, coa finalidade de darlle canle á participación dos sectores implicados no fenómeno cultural.
Presentación
Novas
As salas
Perfil anterior a xaneiro de 2019
Perfil posterior a xaneiro de 2019
COMEDIA MUSICAL- FESTIVAL SINGULAR
Macho grita é unha comedia musical que parte do mito de Don Juan para indagar na relación entre o presente e o ciclo que inaugura o ano 1492. Un achegamento persoal á “Reconquista”, ao “descubrimento de América” ou á expulsión dos xudeus e os mouros, para pensar con humor como se constrúe “o Macho” neste territorio.
Di Alberto San Juan: "Nace do desexo de asomarme á historia invisible (ou invisibilizada) de España, coa pequena esperanza de entender cousas que sirvan para a vida hoxe, cando a vontade de dominio e o afán depredador sobre os que construímos as nosas sociedades ameazan con liquidarnos".
2025-03-15 - 20:00:
Dramaturxia e dirección: Alberto San Juan.
Intérprete: Alberto San Juan.
Músicos: Pablo Navarro, Gabriel Marijuan, Miguel Malla, Claudio de Casas.
Iluminación: Raúl Baena, Eduardo Vizuete.
Vestiario e espazo escénico: Alberto San Juan.
Axudante de dirección: Carlota Gaviño.
Axudante de produción: Lucía Rico.
Produción executiva: Joan Fernández.