LAS ASAMBLEÍSTAS (LAS QUE TROPIEZAN)

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

COMEDIA

As nosas protagonistas levan anos e anos, séculos, tropezando unha e outra vez coas mesmas pedras, os mesmos erros. Uns erros causados na súa gran maioría polas leis creadas polos homes. A deusa Némesis, farta de contemplar esta inxustiza, decide enfeitizar ás mulleres para que se unan e tomen conciencia.

Lideradas por Praxágora, xuntas deberán roubar a roupa dos homes e coarse na asemblea para conseguir así cambiar as leis establecidas por outras máis xustas e igualitarias.

Pero só terán o tempo dunha noite para atravesar o gran bosque que leva ata o outeiro onde se celebra a asemblea ao despuntar o día. E a escuridade do camiño está chea de perigos e espellos nos que verán reflectidas as súas propias vidas. Enfrontándose a elas e aos seus medos, deberán resolver que leis son as que realmente farán que todo cambie por fin, dunha vez por todas e para sempre.

Estas asembleístas farannos reflexionar a golpe de risa sobre o noso papel na sociedade, obrigándonos a implicarnos e tomar partido queiramos ou non.

PREZOS

2025-01-26 - 19:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 15,40 €
  • Público xeral: 22,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Praxágora - Sílvia Abril

Geométrica -  Anna Bertran

Serviciala - Rocío Marín

Lanzada - Maite Sandoval

Diosa - Maribel Salas

Lacia - Pepa Zaragoza

Dramaturxia e dirección: José Troncoso

Axudante de dirección: Jesús Lavi

Deseño de escenografía: Alessio Meloni

Deeño de vestuario: Pier Paolo Alvaro

Deseño de Iluminación: Juan Gómez Cornejo

Música: Mariano Marín

Coreografía: Nuria Legarda

Deseño de maquillaxe e perruquería: Chema Noci

Produción executiva: Mercè Puy Campàs

Produción: Rosa Domingo

Coordinación técnica: Eudald Gili del Pozo

Rexiduría: Ana Milena Guarnizo

Maquinaria: Alfredo Guijarro "Taxa"

Axudante vestiario: Roger Portal

Axudante de escenografía: Juanjo González

Axudante iluminación: David Hortelano

Operadora de iluminación: Pilar Valdelvira