TRAXICOMEDIA - FESTIVAL SINGULAR
La Celestina, traxicomedia de Lita
Versión libre de David Piccotto e Julieta Daga de “La Celestina” de Fernando de Rojas.
As voces da clásica obra de Fernando de Rojas atravesan a Lita que está en permanente risco de morte. Coas súas mans debe soster unha escenografía que lle caeu enriba. Todo pende dun fío e xa non quedan forzas; aínda así rirá, chorará e gozará ata o final.
Proposta escénica
Os textos de La Celestina de Fernando de Rojas, apodéranse dunha pallasa que está deitada no piso. O dispositivo escenográfico é unha gran espiral suspendido, que forma figuras sorprendentes. O espectador é convidado a acompañala dentro da escena, actuando sen actuar, nunha viaxe única e irrepetible. Rirá, chorará, cantará ao amor, á dor, ás contendas e á morte.