FAMILIAR E INFANTIL (a partir de 5 anos) - FESTIVAL SINGULAR
KYOKI vai destinado ao público infantil e familiar a partir dos 5 anos. O espectáculo trata a temática da memoria, da vellez, da demencia, da soidade e da dura e esixente tarefa de coidar as persoas maiores e enfermas.
A través dunha linguaxe xestual impulsada pola interacción constante co dispositivo escénico, o espectáculo evoca múltiples situacións e personaxes que dun xeito ou doutro todas as persoas podemos recoñecer.
KYOKI significa “demencia” en xaponés e refírese a unha alteración da capacidade para recordar, pensar ou tomar decisións. É certo que adoita verificarse en persoas de idade avanzada, mais… quen nunca esqueceu onde colocou a caixa das galletas? Ou por distracción vestiu o xersei do revés? Ou saíu de casa atrasado para o cole sen peitear o cabelo?
KYOKI retrata un deses días catastróficos, mais é tamén unha homenaxe a todas as persoas maiores que asisten cada día ó proceso implacable da declinación das súas capacidades vitais