HOY TENGO ALGO QUE HACER

  • Teatro
  • Comedia
DATOS BÁSICOS

MONÓLOGO CÓMICO - FESTIVAL SINGULAR

Con Hoy tengo algo que hacer dispoñémonos a presentar as peripecias dun heroe moderno que, seguindo a gran tradición picaresca, parte do fogar co propósito de comprender que é isto de ter unha ocupación, un algo que facer que sustenta e organiza calquera existencia.

Lonxe de ser un tema anecdótico ou elemental, ou precisamente por isto último, antóllasenos como algo fecundísimo o poñer atención sobre este fenómeno absolutamente universal, que atravesa e fundamenta toda psique: a construción de calquera personalidade baséase no ter algo que facer, o relato de cada cal respecto ao resto sostense no valor e significado que lle outorgamos ao algo que facer, e nun nivel aínda máis básico: o día, a semana, o ano, fanse moi longos, pídennos recheo e estrutura e dirección, necesitamos agarrarnos a algo que facer para dar sentido e substancia.

Neste século XXI desvelado, literal, arrasado, sen apenas motivacións máxicas ou simbólicas e cunha insaciable tecnoloxía abstracta que non vai parar ata simplificar a vida e desposuíla de toda vontade, o algo que facer preséntasenos como unha rudimentaria incógnita, unha dúbida desesperada para o devir. E, ao mesmo tempo, coñecemos e sufrimos a necesidade de estar ocupados, alí construímos o noso orgullo e a nosa resposta ao estar na vida.

PREZOS

2025-03-22 - 20:00:

  • Abonados e tarifa reducida: 8,40 €
  • Público xeral: 12,00 €
FICHA ARTÍSTICA

Autoría e dirección: Pablo Rosal                                              

Elenco: Luis Bermejo                                                                               

Deseño de escenografía e vestiario:  Mónica Boromello                     

Deseño de iluminación: Raúl Baena y Eduardo Vizuete

Producción artística: Ana Belén Santiago

Producción executiva: Lucía Rico

Dirección técnica: Tony Sánchez