DRAMA
A GUERRA É A EXPRESIÓN CRUEL DO FRACASO TOTAL, POR ISO NUNCA É UNHA SOLUCIÓN, SENÓN O MÁIS GRANDE DOS ERROS.
Nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa, comezan a aparecer os personaxes do Teatro Universal que nel foran representados ao longo do tempo e encarnados en dous actores e catro actrices.
As innumerables referencias ás guerras no Teatro Europeo, desde Shakespeare até Lorca enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución.