MISS DOCET - FESTIVAL SINGULAR
O novo proxecto teatral de Iria Pinheiro Santos ten como protagonista a Emilia Docet, a muller que foi coñecida por ser a “Miss España galeguista”.
A interpretación da actriz guía esta peza de teatro documental no que a biografía de Emilia se entretece coa doutras mulleres tamén silenciadas despois de 1936.
Como un desfile de voces, ecos e silencios, “Miss Docet” recupera desde a escena a potencia dunha xeración de galegas que viu truncada a súa historia e contribúe á loita para evitar que os seus nomes e os seus pasos desaparezan da nosa memoria.